Manuel María e os viños de Rías Baixas

Rescatamos o pregón orixinal que o poeta chairego Manuel María, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, pronunciou na Festa do Albariño Rías Baixas de 1986

 

Cada viño, como cada terra e como cada home, ten a súa personalidade. Os viños galegos son mansos, dóciles, tolerantes e humanos como somos nós. Teñen o gosto agridoce da saudade melancólica e a prodixiosa cór da paisaxe

O autor destas verbas é Manuel María, poeta chairego ó que se lle adica hoxe o Día das Letras Galegas e que nunca ocultou a súa devoción polo mundo do viño galego en xeral, e dos Rías Baixas en particular. Uns viños ós que louvou amplamente nun sentido parzamique -neste artigo podes consultar o texto orixinal- que pronunciou na Festa do Albariño Rías Baixas, hai agora tres décadas.

ManuelMariaCambados

O poeta chairego Manuel María, durante a festa da que foi pregoeiro no 1986

Grazas á colaboración da Concellaría de Cultura de Cambados tivemos a oportunidade de rescatar este histórico documento, que data do 1986, cando aínda o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas non se constituíra oficialmente. A Festa do Albariño, que así se denominaba naquela época, chegaba á súa trixésimo cuarta edición e contou co salientable escritor como pregoeiro, quen só tivo louvanzas para os Rías Baixas, definíndoos como «grandes viños». Velaquí o documento orixinal do pregón que o salientable autor chairego utilizou para a ocasión escrito a máquina e cunhas acotacións a pé de páxina realizadas polo propio Manuel María:

Manuel María pregón 1986

 

Non cabe dúbida de que o albariño é un viño escepcioal. O mellor agasallo que se lle pode ofrecer a calqueira. Un ten cavilado moitas veces que a única e verdadeira eternidade que os deuses lle poden conceder a un mortal é o amor, gozar do albariño, a conversa con amigos xenerosos, sensibles e intelixentes e o disfrute dos dons e da paisaxe destas terrras (…), nas que os ollos non poden desexar máis beleza e onde todo está feito, dun xeito insuperable, a medida do home. Non cabe no mundo máis perfección. E sen viño, sen un grande viño, non pode darse a perfección. Un viño que se entrega á nosa sede tal e como é, sen que sexa preciso tocar pra nada a súa pureza orixinal

 

Unhas verbas que xunto coas referencias a outros autores tamén homenaxeados nas Letras Galegas coma Álvaro Cunqueiro ou Ramón Cabanillas completaron un emotivo pregón que simboliza á perfección o sentir de Manuel María polos viños de Rías Baixas… En definitiva, pola súa terra.